En Brasil, a 40º de calor e a dous días de voltar a casa...

lunes, 7 de marzo de 2011

Itinerario

Xa temos decidido o itinerario e a duración da nosa viaxe. Partiremos na primeira semana de Maio e voltaremos a comezos do mes de Decembro. Pasaremos catro meses no Sudeste Asiático e China e tres en Sudamérica.

Os estados que imos visitar son: Tailandia, Myanmar (Birmania), Camboia, Vietnam, China, Xapón, México, Perú, Chile, Arxentina, Uruguai e Brasil.

Cando teñamos as datas exactas nas que permaneceremos en cada destino publicarémolas no blog, por se hai alguén que se queira apuntar e aparecer nalgún tramo da viaxe...

De momento seguimos co asunto da vacinación. O vindeiro luns segundo asalto...