En Brasil, a 40º de calor e a dous días de voltar a casa...

martes, 15 de febrero de 2011

Vacinas

Onte puxémonos as primeiras vacinas. En principio só é obrigatoria para entrar en algúns estados a da febre amarela (hai que pagar unha taxa pública de 18 €), mais nós imos completar o proceso coa vacina das hepatites A e B e algunha máis que xa deberamos ter posto inda que non partiramos de viaxe (menixite, tétanos...). Para non ter que poñer todas as vacinas a un tempo, voltaremos nos meses de marzo e abril ao hospital, xa nos días previos á nosa partida, para completar a nosa vacinación. É recomendábel realizar a visita médica coa suficiente antelación. No noso caso acudimos a segunda feira día 14 de febreiro e temos previsto saír de viaxe na primeira semana de maio.

A atención por parte do persoal do departamento de medicina preventiva do Hospital do Meixoeiro foi moi boa. Repasaron con nós os diferentes destinos da nosa viaxe, facilitaron información para previr doenzas durante a viaxe e recomendaron que levar a modo de pequeno botiquín. Publicaremos máis información sobre estes temas cando teñamos definido que levar no botiquín así como cando teñamos completada a nosa vacinación.

lunes, 7 de febrero de 2011

Seguro de viaxe

Parece que por fin imos avanzando algo máis! Este fin de semana mercamos o seguro de viaxe.

Seguindo os consellos de Asun e Ricardo (consultade o seu blog, é do máis completo), optamos polo Seguro de asistencia Plus de Eroski. Máis info en http://www.viajeseroski.es/informacion/infEstandar/segurosviajes/$codigo=40

O custe total foi de 74.98 euros por persoa, o que está realmente ben, especialmente se o comparamos co resto de seguros que estivemos a consultar, moito máis caros e coas mesmas coberturas. De momento, contratámolo por seis meses (o máximo permitido), pero imaxino que o renovaremos ao longo da viaxe. Ademais, o seguro da casa e o seguro da tarxeta Visa complementan o seguro que contratamos, polo que imos ben cubert@s!

O blog de Asun e Ricardo é de gran axuda, e nos está a facilitar muito as cousas. É unha sorte poder ler e aprender doutras persoas que comparten a súa experiencia nunha viaxe como esta!

A vindeira semana mercaremos os voos, e publicaremos o listado de países que imos visitar.

E o luns... chegará ese temido momento de poñerse as vacinas!

Saúdos""