Interior do autobús cama |
A viaxe foi toda unha experiencia. A medida das camas responde aos estandares asiáticos de altura...polo que ás persoas altas élles díficil acomodarse. A isto houbo que engadir un intenso cheiro a cabrales procedente do compañeiro da litera de atrás, e como sempre, os videos musicais que nos acompañaron durante a viaxe. Manu levaba sobre a súa cabeza o monitor da TV e eu o altavoz que agardemos non procovara danos irreparábeis nos meus tímpanos!
Teleférico |
Túnel do acuario |
Ao chegar, pasamos un bo rato tirando unhas canastas, montamos en touro mecánico, e en mil maquinitas ultramodernas.
A zona do parque acuático está realmente ben, especialmente o "tsunami"...un tobogán no que baixas montado nun flotador xigante cunha pendente moi considerábel.
O acuario encantounos! Está realmente ben montando, e inda que non é moi grande, ten tartarugas, tiburóns, carpas xigantescas e outras muitas especies.
A illa conta cunha praia impresionante, e a pesar de que comezou a chover non puidemos evitar darnos o último chapuzón nunhas augas cristalinas e mornas...
Despois da dura xornada, agardábanos a segunda noite en autobús cama rumbo a Hoi An.
O autobús, inda que un pouco mellor que o anterior, fíxose un pouco duro por mor da conducción extrema do conductor, que entre os bruscos freazos e o uso abusivo do claxón impediunos durmir máis de dúas horas seguidas.
Mil bicos
¡Parabéns, Pilar! O Skype é bastante indiscreto e dá moita información ;-))
ResponderEliminarSeguide viaxando e contando así de ben as vosas visitas.
¡Moita sorte!
Apertas para os dous,
Cris
Moitas gracias Cris!! un bico enorme
ResponderEliminar