En Brasil, a 40º de calor e a dous días de voltar a casa...

martes, 9 de agosto de 2011

Ayutthaya



Hoxe fomos de paseio até Ayutthaya, unha localidade histórica ao norte de Bangkok repleta de templos, e declarada Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco. A vila está situada nunha illa rodeada por tres ríos. Para chegarmos collimos un comboio de dúas horas de duración, polo módico prezo de 60 baths dúas persoas ida e volta (1´5 euros). O tren é un desastre. O bo é que viaxas misturado coa población local e coñeces un pouco mellor a realidade do país. Ao longo do traxecto, numerosos son os asentamentos chabolistas insalubres que un/unha sea atopa. Condicións extremas de vida que contrastan co turismo occidental que “toma” Bangkok para, inda que nunca é bo xeralizar, beber, ir de festa e consumir obscenamente prostitución. Despois de dar un paseo nocturno por unha das zonas de prostitución máis coñecidas da capital, cabe preguntarse como unha sociedade pode permitir unha situación de abuso sexual para con as súas mulleres, sen revolverse.

Ah! para ver máis fotos, ide ao facebook! Alí por exemplo veredes un curioso baño tailandés...jejej

Noutra orde de cousas, a frase do día é “Cear adelgazame” pronunciada polo ilustre M.S.D. Levamos tres días ceando no mesmo sitio; un chiringo na rúa con mesas para sentarse e bastante hixénico. A nosa elección durante estes días foi bastante conservadora: pad thai, fried rice, e spring rolls...Hoxe en cambio mudamos radicalmente o menu, e foi, como dicilo... un tanto picantón...jejeje
A cociñeira é transexual e tamén picantona, como a comida que nos serviu hoxe. Ao lado dun pemento de padrón dos picantes, esto era unha bomba. Suamos tanto que pensamos que todo o inxerido xa foi queimado. O menu consistiu nunha ensalada de cangrexo e papaya  (que non sei porque raios picaba), unha sopa de noddles e un arroz ao curry verde (uffffffff, solo de escribilo xa comezo a suar de novo...) Menos mal que os medios litros de cervexa sempre nos acompañan....

3 comentarios:

  1. Aquí Juan seguindo a viaxe entusiasmado. Vaia par de pelotas que tedes, sí señor.
    Cantos días tendes para China?
    Ánimo e seguide a morte.

    ResponderEliminar
  2. Eu lle poño un piso á cociñeira...

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  3. Grazas por compartir a emocionante experiencia que estades levando a cabo! seguro que será moi positiva a nivel persoal, non só a nivel turístico.

    ResponderEliminar