Ola a tod@s,
Vimos de cambiar a configuración do noso blog xa que tiñamos espazo para anuncios mais... parece ser que escribir en galego non atrae a ningún anunciante!!!
Que se lle vai facer!
Aproveitamos para comunicar que por fin temos os billetes comprados. Saímos o vindeiro venres día 5 rumbo Bangok, con escalas en Madrid e Londres.
Primeiro hotel no que estaremos: Sawasdee Welcome Inn
Reservámolo a través de booking e costa 22.40 euros, dúas noites para dúas persoas con almorzo engadido...jejeje!!!
Andaremos por Tailandia até o 17 de agosto, de onde partiremos rumbo Yangon (Myanmar/Birmania).
Mañá colgaremos o itinerario coas datas finais por se alguén se quere apuntar.
Bicos e até mañá
¿Xa tendes todo preparado? Deséxovos moita sorte na vosa viaxe. Seguirei con interese as vosas actualizacións no blog.
ResponderEliminarE parabéns por contribuír a crear contidos dixitais en galego!
Unha aperta,
Cris
Boa viaxe rapaces!!
ResponderEliminar