ATENCIÓN: Este post é de onte, pero non tivemos forzas para conectarnos e subilo!
Xa temos as maletas! E mudamos da cuadra para un hotel decente…o Lamphu House. Costa 710 baths a noite nun cuarto duplo con dúas camas de matrimonio. Está claro que é máis caro que o Sawadee Welcome Inn, pero non hai color.
Pasamos de durmir nun cuarto (por chamarlle dalgún xeito) sin xanelas, coas paredes rotas, cucarachas, gatos e lagartos, a un cuarto amplo, limpo e cómodo…
Maleta+cuarto limpo= paraiso…
O único malo que pasou hoxe é que teño unha urticaria enorme…despois de ler a Lonely Planet xa pensamos que tiña malaria, denguee e a larva “migrans”cutánea…
Afortunadamente unha parella “ibérica”, con máis experiencia nos, dixo que tan só era unha dermatitis da calor e da humidade. Moi común nos europeos nos primeiros días de estancia, que ao non estar afeitos a estas temperaturas a pel nos da un toque de atención. Nada grave por tanto, e de feito xa estou moito mellor.
Eso sí, aviso a tripulantes, no botiquín hai que engadir unha pomada con cortisona…que sempre ven ben nestes casos.
Por outra parte, xa nos estamos volvendo un pouco tailandesas e todo o facemos con calma.
Hoxe tan só fumos facer o visado para Birmania/Myanmar, e a ver o Wat Arun
O visado sen problemas, o malo é que ficaron cos nosos pasaportes. Até o mércores estamos indocumentados. Ao estaren a embaixada birmana bastante lonxe do centro, tivemos a oportunidade de coñecer o bairro de Silom. É un bairro moderno onde a xente vive “ao modo occidental”. Todo está bastante limpo e “ordenado” respecto a outros lugares de Bangkok e en xeral gostamos bastante do paseio por estas rúas.
O visado costou unos 810 baths (1 euro = 42 bathas aprox.) por persoa, e tarda tres días (fixémolo hoxe luns e recollémolo o mércores). Wat Arun é impresionante; sobre todo as escaleira para subir á torre que coroa este complexo de templos.. Costa 50 baths (pouco máis de un euro) a entrada ao que hai que sumarlle o desprazamento se vas en barco (para nós a mellor opción sen dúbida). O ferry costa 15 baths por persoa, e hai que pagar a maiores 6 baths (ida e volta) para cruzar desde a parada nº8 do ferry.
Logo subimos andando cara o noso novo hotel (unha maravilla: limpo, tranquilo, habitación espaciosa, e todo por 17 euros a doble), e paramos por suposto en mil mercados (nas Sois= calexas que inundan a cidade).
Os olores son indescriptíbeis. Desde primeira hora da mañá invade as rúas un cheiro nada habitual para nós. Quita o apetito.. ,e máis se o cheiro ven directamente dun mercado.
Os mercados son moi curisosos, pero a non ser os das zonas turísticas, os mercados máis “locais” son... como dícilo...un p*** asco.
Tamén quería falar do tema da prostitución, pero é un tema demasiado grave para tratalo co cansa que estou. Así que o deixo para outro día.
Eso sí, estou por facer un bote e contratar un grupo paramilitar que acabe con todos os pederastras que aquí se ven....
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario