En Brasil, a 40º de calor e a dous días de voltar a casa...

domingo, 7 de agosto de 2011

Primeiro paseo por Bangkok



Hoxe dimos unha voltiña por Bangkok. Pola mañá estivemos na zona de Ko Ratanakosin, un complexo residencial e relixioso onde vivía a familia real (Gran Palacio). A continuación visitamos Wat Pho, o templo máis antigo da cidade e onde se atopa un buda xacente de 46 m de largo por 15 de ancho (deitado pola patria vaia...quen non comprenda a brincadeira que lle pregunte ao Alberte). Este lugar é tamén o centro neurálxico do país para o ensino da medica tradicional, e lugar perfecto para gozar cunha masaxe tailandesa. Nós non poidemos porque tiñamos que agardar unha hora, mais de seguro voltaremos.
Pola tarde visitamos unha zona de mercados xunto ao río (que pestazo chico), e voltamos cara a zona onde nos hospedamos en barco. Ao chegarmos á zona de Khao San, onde se atopa o noso hotel (palabra pretenciosa para definir a cuadra na que durmimos), típicas cervexas de medio litro e algo de xantar e siesta con aire acondicionado (que calor máis abafante).
Agora ficamos na recepción do hotel á espera de que nos cheguen as maletas, que seica xa están en Bangkok.
Un saúdo para todos e todas

No hay comentarios:

Publicar un comentario