Debido á celebración da famosa Full Moon Party, non tiñamos habitación na noite do día 14. O hostal onde nos hospedamos estaba completo ese día, e iso que fica a unha hora en furgoneta, por estradas sen asfaltar, da praia onde se celebra a festa. A nosa solución foi alugar un carro e percorrer a illa...
Alugar carro é ben sinxelo aquí. Deixar o pasaporte na tenda e pagar, xa está, sen necesidade de carnet de conducir nen nada semellante. Un jeep básico e algo cascado sae por uns 30 euros día.Grazas ao carro, poidemos percorrer todos os rincóns da illa, xa que de outra maneira tes que pagar tarifas desorbitadas en taxi, por estrada ou por mar, para movérente dun lugar a outro. Hai que ter en conta que só unha parte da illa conta con estradas asfaltadas, polo que a comunicación entre certos lugares tórnase complexa. Para botar gasolina existen tres opcións: a típica estación de servizo, os surtidores domésticos nas casas de muitas persoas, ou directamente comprar unha botella de suposta gasolina aos paisanos e paisanas que as venden pola entrada...o máis cómico de todo que os prezos non se corresponden coa calidade do servizo....ás veces a gasolina caseira vai máis cara que a da estación, ás veces non...de tolos.
Comezamos o noso percorrido por unha aldeiña de mariñeiros chamada Ban Chalok Lam. O lugar é ben xeitoso, si ben a diferenza con outras localidades ou bahias da illa é mínima. Vese algo máis de poboación local, hai unha diminuta lonxa...mais o groso da xente vive tamén aquí dos servizos orientados ao turismo (restaurantes, tendas, hoteis...)
Posteriormente dirixímonos á zona de Hat Yao, coñecida polas súas boas praias e por ser centro de buzeo local. Nós practicamos buceo con tubonunha das súas praias mais a experiencia non foi moi satisfactoria. Poucos peixes e algunha botella de cervexa....Máis cedo que tarde este país vaise ter que tomar en serio o grave problema mediambiental que sofre....falta de infraestruturas básicas de saneamento e traída de augas (as veces na praia ven un cheiro nauseabúndeo...), hábitos de vida que non teñen para nada en conta a protección do medio e que contribúen á degradación do mesmo. Nuns anos veremos se a Tailandia lle quedan lugares paradisiacos que ofertar...de momento as súas praias teñen moito que envexar ás praias do Morrazo, por poñer só un exemplo, e sen pretender cair en chovinismo algún.
Á tardiña fomos cear a Thong Sala, a vila máis grande da illa e desde onde saen os barcos cara o continente. Paseamos polas súas tendas e ceamos no seu mercado nocturno. A experiencia resultou moi satisfactoria. Os postos de comida limpos, a bo prezo, variedade de produtos, mesas onde sentarse....Como levabamos un par de días comendo regular, dimos boa conta de brochetas de polo e porco, de peixe na grella, de pratos de fideos, filloas de banana...unha enchenta por menos de dez euros dúas persoas, incluíndo as cumpridas cervexas marca Chang , por suposto.
E chegou a noite e a nosa temida visita á praia Hat Ring para coñecer a Full Moon Party. O primeiro que nos sorprendeu foi que cobraran por entrar nunha festa que se celebra na praia...A festa foi o esperado: milleiros de persoas bébedas, nengunha delas local, obviamente, música pésima e descontrol asegurado. A fauna era tremenda, todos e todas vestidos para a ocasión con roupa conmemorativa da party, pintados de cores e cada quen coa súa “banderita” nacional pintada tamén no corpo. Xentes de todas as nacionalidades, mais predominando australianos, alemáns, xaponeses, ingleses, israelitas, estadounidenses, italianos...e algúns españolit@s tamén había. Marchamos da festa cando estaba a comezar...
Á mañá seguinte volta á casa con visita a unha pequena reserva de elefantes, e a pasar de novo dous días tranquilos en Thong Nai Pan Yai, onde estamos hospedadas....e con ganas xa de deixar unha Tailandia que non está mal inda que para nós é demasiado turística. A verdade é que non nos parece un país moi recomendábel para pasar unhas relaxadas vacacións. O regateo constante cansa moito, e tes a sensación de que te queren timar continuamente. A limpeza “brilla por su ausencia” en todos os sitios...Recollemos o lixo da praia para ver, non como os turistas volven a emporcar, senón que son eles mesmos os que limpan os caldeiros de gasoil dos barcos na praia, tiran as latas de bebida e cabichas ao chan.. E xeralmente, sempre ves guiris malhumorados con problemas de todo tipo co persoal dos establecementos...O trato ao turista dista muitísimo de ser tan amábel e cortés como tiñamos entendido que ía ser.
Estamos desexando adentrárnonos nunha Myanmar, ou Birmania, ou como lle chamen, que pensamos se axusta máis ao que nós andamos a procurar.
Posdata: Escribimos estas frases desde a máis absoluta escuridade....marchou a luz e só nos ilumina a pantalla dun computador con pouca batería, unha pequena lanterna e unha vela que nos ven de deixar a dona do hostal. Agardemos que volva pronto para podermos subir esta entrada ao noso blog.
Joder, estoy totalmente enganchado. Es fácil conseguir transporte en Tailandia por tu cuenta? y contratar excursiones¿
ResponderEliminarJjajaja, gracias por tu comentario! Si, es muy fácil organizarte por tu cuenta. En casi todas las guest house te pueden comprar billetes y casi todas organizan excursiones, pero hacerlo por tu cuenta es muy muy fácil. La Lonely Planet (conocida como la Biblia entre los/as viajeras) ayuda muchísimo. Viajar en el tren en 3ª es toda una experiencia, y es una opción muy económica (por ejemplo, de Bangkok a Surat Thani, un viaje de 12 horas, nos costo un euro por persona aprox.). Ahora bien, preparate para compartir el viaje con cucarachas y demás insectos!! La compañía Lomprayah (tienen web) organiza el viaje completo a las Islas en autobuses muy cómodos. Cualquier otra cosa que necesites, puedes enviarnos un email a avoltaaomundo2011@gmail.com. Unha aperta
ResponderEliminar