En Brasil, a 40º de calor e a dous días de voltar a casa...

viernes, 12 de agosto de 2011

Ko Pha Ngan

Despois de 26 h chegamos ao paraíso....
Tras varias carreiras (unha con chanclas por Bangkok, outra nun tuc-tuc (moto cun carricoche detrás onde vai o cliente) que ia a 1000 km/h, chegamos a estación de comboios de Bangkok.
Previsiblemente o noso tren, en compartimento de terceira, saía ás 19.30, pero como aqui todo vai coa calma de Buda, saímos ás 21.00. Despois dunha viaxe de 12 h, nas que millóns de cucharachas tentaban subir polas nosas pernas camiño de dios sabe onde... chegamos a Surat Thani.
Aí tiñamos que ter collido un bus cara Don Sak, peirao desde onde parte os barcos/ferry para a illa de Ko Pha Ngan, pero polo retraso do comboio tivemos que agardar catro horas máis para coller o seguinte bus.
Aqui todo ten sabor a peixe, ata as patatillas!
O bus a Don Sak levounos outra hora e de aí barco á illa, outra hora e media máis ou menos.
Ao chegarmos...outra hora máis en furgoneta até o noso destino final...Hat Thong Nai Pan Yai.
Un infierno de viaxe!! pero pagou a pena: esto é impresionante.
A primeira noite durmimos nos bungalows do Dolphin que así o describe a Lonely Planet: “este escondido refugio permite a los viajeros yuppies vivir sin comodidades pero sin estilo, y a los progres no sentirse culpables...” e como sempre a Lonely acerta... rollo hippie rexentado por unha parella australiana...moi ben montado. 
O único inconvinte é que mañá celébrase a festa da lua cheia onde milleiros de persoas beben á luz da lúa na praia...e reservan hoteis con antelación, non coma nós, que o vindeiro día 14 non teremos onde durmir xa que todos os sitios están FULL...Menos mal que, salvo a noite do 14, grazas a unha marabillosa, guapísima e hippisima señora local, que nos ofreceu un cuarto no seu hotel: o Game bar, temos onde ficar. O prezo é o mesmo que o Dolphine (600 bath-15 euros). O hotel está xenial, é novo e o cuarto é moi grande.

Despois de estar un tempo na praia, fomos visitar unha fervenza perto do lugar. Típica idea de bombeiro de ir polo monte e río en chanclas. Pilar esbarou e fixo unha pequena ferida...mais xa está curada...pilaradas de la vida...
A comida está sendo todo un orgasmo gastronómico, todo pica pero é soportable... Manuel convidoume hoxe a cear nun sitio super romántico, e a comida riquíiiiiiiiisima!! Mañá quero repetir porque de momento foi sin dúbida o mellor sitio (para quen veñá: está xusto na esquina do cabo da praia de Hat Thon Nai Pan Yai).
Mañá máis. Bicos

jueves, 11 de agosto de 2011

Día da nai

Hoxe é o día das nais tailandesas..e aproveitamos para dicirlles as nosas nais que as queremos un montón, porque son estupendas. E as nosas sogras respectivas tamén. Queremosvos moito.
Mil bicos para as dúas.  Está flor e para vos...

martes, 9 de agosto de 2011

Ayutthaya



Hoxe fomos de paseio até Ayutthaya, unha localidade histórica ao norte de Bangkok repleta de templos, e declarada Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco. A vila está situada nunha illa rodeada por tres ríos. Para chegarmos collimos un comboio de dúas horas de duración, polo módico prezo de 60 baths dúas persoas ida e volta (1´5 euros). O tren é un desastre. O bo é que viaxas misturado coa población local e coñeces un pouco mellor a realidade do país. Ao longo do traxecto, numerosos son os asentamentos chabolistas insalubres que un/unha sea atopa. Condicións extremas de vida que contrastan co turismo occidental que “toma” Bangkok para, inda que nunca é bo xeralizar, beber, ir de festa e consumir obscenamente prostitución. Despois de dar un paseo nocturno por unha das zonas de prostitución máis coñecidas da capital, cabe preguntarse como unha sociedade pode permitir unha situación de abuso sexual para con as súas mulleres, sen revolverse.

Ah! para ver máis fotos, ide ao facebook! Alí por exemplo veredes un curioso baño tailandés...jejej

Noutra orde de cousas, a frase do día é “Cear adelgazame” pronunciada polo ilustre M.S.D. Levamos tres días ceando no mesmo sitio; un chiringo na rúa con mesas para sentarse e bastante hixénico. A nosa elección durante estes días foi bastante conservadora: pad thai, fried rice, e spring rolls...Hoxe en cambio mudamos radicalmente o menu, e foi, como dicilo... un tanto picantón...jejeje
A cociñeira é transexual e tamén picantona, como a comida que nos serviu hoxe. Ao lado dun pemento de padrón dos picantes, esto era unha bomba. Suamos tanto que pensamos que todo o inxerido xa foi queimado. O menu consistiu nunha ensalada de cangrexo e papaya  (que non sei porque raios picaba), unha sopa de noddles e un arroz ao curry verde (uffffffff, solo de escribilo xa comezo a suar de novo...) Menos mal que os medios litros de cervexa sempre nos acompañan....

Primeiro día de felicidade, novo hotel e con maletas!!


ATENCIÓN: Este post é de onte, pero non tivemos forzas para conectarnos e subilo!

Xa temos as maletas! E mudamos da cuadra para un hotel decente…o Lamphu House. Costa 710 baths a noite nun cuarto duplo con dúas camas de matrimonio. Está claro que é máis caro que o Sawadee Welcome Inn, pero non hai color.
Pasamos de durmir nun cuarto (por chamarlle dalgún xeito) sin xanelas, coas paredes rotas, cucarachas, gatos e lagartos, a un cuarto amplo, limpo e cómodo…
Maleta+cuarto limpo= paraiso…
O único malo que pasou hoxe é que teño unha urticaria enorme…despois de ler a Lonely Planet xa pensamos que tiña malaria, denguee e a larva “migrans”cutánea…
Afortunadamente unha parella “ibérica”, con máis experiencia nos, dixo que tan só era unha dermatitis da calor e da humidade. Moi común nos europeos nos primeiros días de estancia, que ao non estar afeitos a estas temperaturas a pel nos da un toque de atención. Nada grave por tanto, e de feito xa estou moito mellor.
Eso sí, aviso a tripulantes, no botiquín hai que engadir unha pomada con cortisona…que sempre ven ben nestes casos.
Por outra parte, xa nos estamos volvendo un pouco tailandesas e todo o facemos con calma.
Hoxe tan só fumos facer o visado para Birmania/Myanmar, e a ver o Wat Arun
O visado sen problemas, o malo é que ficaron cos nosos pasaportes. Até o mércores estamos indocumentados. Ao estaren a embaixada birmana bastante lonxe do centro, tivemos a oportunidade de coñecer o bairro de Silom. É un bairro moderno onde a xente vive “ao modo occidental”. Todo está bastante limpo e “ordenado” respecto a outros lugares de Bangkok e en xeral gostamos bastante do paseio por estas rúas.


O visado costou unos 810 baths (1 euro = 42 bathas aprox.) por persoa, e tarda tres días (fixémolo hoxe luns e recollémolo o mércores). Wat Arun é impresionante; sobre todo as escaleira para subir á torre que coroa este complexo de templos.. Costa 50 baths (pouco máis de un euro) a entrada ao que hai que sumarlle o desprazamento se vas en barco (para nós a mellor opción sen dúbida). O ferry costa 15 baths por persoa, e hai que pagar a maiores 6 baths (ida e volta) para cruzar desde a parada nº8 do ferry.
Logo subimos andando cara o noso novo hotel (unha maravilla: limpo, tranquilo, habitación espaciosa, e todo por 17 euros a doble), e paramos por suposto en mil mercados (nas Sois= calexas que inundan a cidade).
Os olores son indescriptíbeis. Desde primeira hora da mañá invade as rúas un cheiro nada habitual para nós. Quita o apetito.. ,e máis se o cheiro ven directamente dun mercado.
Os mercados son moi curisosos, pero a non ser os das zonas turísticas, os mercados máis “locais” son... como dícilo...un p*** asco.
Tamén quería falar do tema da prostitución, pero é un tema demasiado grave para tratalo co cansa que estou. Así que o deixo para outro día.
Eso sí, estou por facer un bote e contratar un grupo paramilitar que acabe con todos os pederastras que aquí se ven....
Bicos.

domingo, 7 de agosto de 2011

Primeiro paseo por Bangkok



Hoxe dimos unha voltiña por Bangkok. Pola mañá estivemos na zona de Ko Ratanakosin, un complexo residencial e relixioso onde vivía a familia real (Gran Palacio). A continuación visitamos Wat Pho, o templo máis antigo da cidade e onde se atopa un buda xacente de 46 m de largo por 15 de ancho (deitado pola patria vaia...quen non comprenda a brincadeira que lle pregunte ao Alberte). Este lugar é tamén o centro neurálxico do país para o ensino da medica tradicional, e lugar perfecto para gozar cunha masaxe tailandesa. Nós non poidemos porque tiñamos que agardar unha hora, mais de seguro voltaremos.
Pola tarde visitamos unha zona de mercados xunto ao río (que pestazo chico), e voltamos cara a zona onde nos hospedamos en barco. Ao chegarmos á zona de Khao San, onde se atopa o noso hotel (palabra pretenciosa para definir a cuadra na que durmimos), típicas cervexas de medio litro e algo de xantar e siesta con aire acondicionado (que calor máis abafante).
Agora ficamos na recepción do hotel á espera de que nos cheguen as maletas, que seica xa están en Bangkok.
Un saúdo para todos e todas

sábado, 6 de agosto de 2011

Chegada a Bangkok

Ola a tod@s, xa estamos en Tailandia.
A viaxe sen problemas, con prisas eso si! tivemos que correr dunha terminal a outra para chegar a tempo a todos os voos. E nos corrimos, pero as mochilas non, e perderonse polo camiño.
Agora estamos no hotel Sawadee Welcome Inn, nada recomendable... A xanela non ten cristal e a parede está rota. O baño é un cuadro (ou mellor dito, unha cuadra)...peroooo xa sabíamos que isto era unha aventura.
O mellor ate o momento a cea, que estaba moi rica. Cenamos un phai tai e rollitos primaveira. Todo por uns 5 euros con dúas cervexas de medio litro cada unha.
Estamos destrozads así que imos durmir.
Maña contamos máis.
Un bico enorme para tod@s.

lunes, 1 de agosto de 2011

Blogs, galego e anuncios...

Ola a tod@s,

Vimos de cambiar a configuración do noso blog xa que tiñamos espazo para anuncios mais... parece ser que escribir en galego non atrae a ningún anunciante!!!
Que se lle vai facer!
Aproveitamos para comunicar que por fin temos os billetes comprados. Saímos o vindeiro venres día 5 rumbo Bangok, con escalas en Madrid e Londres.
Primeiro hotel no que estaremos: Sawasdee Welcome Inn
Reservámolo a través de booking e costa 22.40 euros, dúas noites para dúas persoas con almorzo engadido...jejeje!!!
Andaremos por Tailandia até o 17 de agosto, de onde partiremos rumbo Yangon (Myanmar/Birmania).
Mañá colgaremos o itinerario coas datas finais por se alguén se quere apuntar.
Bicos e até mañá